Saúl López e Carla Fernández ocupan os tronos principais no Campionato de Galicia XCO de Poio

por Redacción Deportes

O autonómico celebrado no circuíto do Monte Castrove coroou a trece bikers

O Cross Country Olímpico alcanzou o punto culminante da súa temporada en Galicia este pasado sábado na localidade pontevedresa de Poio. Trece títulos autonómicos de XCO repartíronse no Monte Castrove e só tres categorías repetiron gañador respecto ao 2023. Un dos que retivo a camisola da Federación Ciclismo Galego foi o vencedor da carreira elite-sub23 masculina, Saúl López (Academia Postal – Maceda), mentres que na proba raíña feminina Carla Fernández (QuéBici-Marcisport) proclamouse por primeira vez campioa nesta especialidade.

Un sol de xustiza aumentou a esixencia dun circuíto con tan boas vistas como duro e nun balcón de luxo sobre a Ría de Pontevedra congregáronse 250 participantes co Poio Bike Club exercendo de anfitrión. O II XCO Poio presentaba como principal novidade a estrea da categoría Infantil no Campionato de Galicia. O seu palmarés encargáronse de inauguralo Paula Fernández (Pulpeiros Mugardos) e Guillermo García (Avanza – O Porriño).

As dúas carreiras elite e sub-23 seguiron diferentes guións. Saúl López revalidou o título con total solvencia. O elite monfortino xa se marchou en solitario na primeira das sete voltas e venceu con 6 minutos e 17 segundos de vantaxe sobre Alberto Pedreira (Bici Verde). O bronce elite obtívoo Miguel Porto (Lynalfa Ponteareas) e co ouro sub-23 fíxose David Fernández (Avanza – O Porriño), que engade este éxito ao rubricado a fin de semana anterior no campionato autonómico de Enduro.

imagen

Dos tres bikers que mantiveron as súas coroas, dous pertencen ao Academia Postal – Maceda. Ofrecendo unha exhibición, Alejandro García anotouse a vitoria nos juniors por segundo ano consecutivo. Pola súa banda, o primeiro posto nos cadetes conquistouno Lucas Lozano (XSM).

En canto aos masters, no grupo de idade dos 50 anos Antonio Rodríguez (Ourense Termal) conservou a súa condición de campión de Galicia. As outras categorías domináronas Manuel Ángel Parada (Xesteiras) nos máster-30, Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko) nos máster-40 e Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) nos máster-60. Todos eles impuxéronse con autoridade.

Nova raíña

Con títulos autonómicos de Estrada e Ciclocrós, a elite Carla Fernández enriqueceu o seu palmarés coa especialidade olímpica da bicicleta de montaña. O seu primeiro Campionato de XCO conseguiuno no mesmo evento no que xa triunfara no 2023. A diferenza de Saúl López, que tamén vencera en Poio no 2023, a viguesa tivo que sufrir ata o final. A segunda clasificada Raquel Román (Bici Verde) cruzou a liña de meta só 20” despois de que o fixera a ciclista do QuéBici-Marcisport. Xunto a elas subiu ao podio elite Rebeca Fontela (Máis Que Bicis).

imagen

Os mellores parciais femininos da xornada marcounos a gañadora júnior Lorena Patiño (XSM), que non deu opcións a Aroa Otero (Supermercados Froiz), defensora da coroa, nin a Marta Estévez (XSM), actual líder da Copa Galicia, segunda e terceira respectivamente. Máis igualada estivo a proba cadete con Iris Santana (Coruxo) decantando ao seu favor o duelo que mantivo con Lara Pita (Cambre). Sen camisola da FCG en xogo, Silvia García (Bici Verde) adxudicouse a categoría máster-40. 

PODIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA

 Elite M

1. Saúl López (Academia Postal-Maceda)

2. Alberto Pedreira (Bici Verde)

3. Miguel Porto (Lynalfa Ponteareas)

Elite F

1. Carla Fernández (QuéBici-Marcisport) 

2. Raquel Román (Bici Verde)

3. Rebeca Fontela (Máis Que Bicis)

Sub-23 M

1. David Fernández (Avanza – O Porriño)

2. Brais Fernández (Academia Postal – Maceda)

3. Fabián Rodríguez (Cambre)

Júnior M

1. Alejandro García (Academia Postal – Maceda)

2. Mauro Vega (Coruxo)

3. Martín Díaz (Caimanes Betanzos)

Júnior F

1. Lorena Patiño (XSM)

2. Aroa Otero (Supermercados Froiz)

3. Marta Estévez (XSM)

Cadete M

1.Lucas Lozano (XSM)

2. Lois Gómez (Avanza – O Porriño)

3. Lucas Blanco (Cambre)

Cadete F

1. Iris Santana (Coruxo)

2. Lara Pita (Cambre)

3. Xiana Seijo (Caimanes Betanzos)

Infantil M

1. Guillermo García (Avanza – O Porriño)

2. Pedro Cidrás (XSM)

3. Mateo Hermida (Lynalfa-Ponteareas)

Infantil F

1. Lara Fernández (Pulpeiros)

2. Marta Utrera (Armenteira e Punto)

3. Vega Aldrey (Cambre)

Máster-30 M

1. Manuel Parada (Xesteiras)

2. Daniel García (Xesteiras)

3. Aquiles Sordo (Caimanes Betanzos)

Máster-40 M

1. Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko)

2. Jose Carlos Sanmiguel (Ourense Termal)

3. Roberto Fontán (Norinver)

Máster-50 M

1. Antonio Rodríguez (Ourense Termal)

2. Marcos Vale (Gráficas Lar)

3. Óscar González (Máis Que Bicis)

Máster-60 M

1. Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas)

2. Óscar Lorenzo (Bici Verde)

3. José Manuel González (Academia Postal – Maceda)

Clasificacións

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario