A presidenta provincial participou nun mitin en Monforte xunto ao candidato ás europeas Adrián Vázquez e a líder do PP local, Katy Varela.
- Elena Candia condenou o abandono da N-120, a parálise da A-76, o bloqueo do Porto Seco ou a negativa do PSOE a construír as variantes que deixa á provincia sen alta velocidade ferroviaria co consentimento do BNG
- Adrián Vázquez destacou o traballo do PP en Europa e subliñou que «foi fundamental na negociación da reforma do Regulamento de Indicacións Xeográficas que aumentou a protección das DOP coma a da Ribeira Sacra»
- Katy Varela destacou a importancia desta cita electoral xa que «en Europa decídense moitas das leis e normativas que nos rexen no día a día» poñendo como exemplo desta situación ao sector primario