O PP insistirá no pleno na necesidade de instalar cámaras de videovixilancia nos polígonos

Alvarellos promete unha cousa pola mañá e rebaixa as expectativas pola tarde: De instalar cámaras de videovixilancia a instalar cámaras de control de tráfico.

  • Os populares consideran que a reunión da alcaldesa cos empresarios dos polígonos industriais soamente buscaba unha foto e outra oportunidade de confrontar coa Xunta.
  • As cámaras de control de tráfico que recoñece Alvarellos que se van instalar non serven para mellorar a seguridade nos polígonos nin para dar solución ás demandas dos empresarios.
  • Das tres cousas das que dixo falar nesa reunión, duas (o enlace coa autovía e a gardería) son peticións que pretende facer á Xunta: Alvarellos, máis ca alcaldesa da cidade, compórtase coma un intermediario entre os veciños e a administración autonómica.
  • Se toda a bagaxe de xestión que pode aportar a alcaldesa á nosa cidade é repetir “Eso, que o faga a Xunta”, a sua non é máis ca unha figura decorativa, que nin xestiona nin lidera, pero que amosa carecer dun proxecto para a cidade.
  • Dende o Partido Popular levamos varios anos reclamando unha mellora da seguridade na cidade, (nos polígonos, pero tamén no casco histórico e na zona Norte, especialmente) e non imos deixar de perseguir o obxectivo de mellorar a seguridade da nosa cidade por unha nova foto da alcaldía facendo promesas, polo que seguiremos presentando iniciativas a pleno mentres o traballo siga sen facer..
Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios