Ecoloxistas en Acción otorga os galardóns Atila 2024 

por Redacción Galicia

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 para aumentar a conciencia ambiental e fomentar a acción global na protección do medio ambiente. Para iso, Ecoloxistas en Acción premia aos que son como Atila: por onde pasan, non crece nin a herba. Con estes premios sinálase a institucións e aos seus responsables como causantes de agudizar a crise social e ambiental.

O primeiro premio, Premio Atila 2023, é para Altri-Greenfiber, empresa promotora da macro factoría de celulosa, e o Goberno da Xunta de Galicia por impulsar este proxecto insostible dunha macrocelulosa na comarca da Ulloa, no corazón de Galicia. O proxecto Gama carrexará unha gran contaminación para o río Ulla ao que verterá as augas residuais da fábrica. Ademais, unha fábrica de celulosa destas dimensións terá un grave impacto socioeconómico para un territorio cunha puxante industria agroalimentaria tradicional e un crecente turismo rural polo atractivo do seu patrimonio cultural (Camiño de Santiago). 

A pesar da oposición ao proxecto da maioría da poboación, Altri se obstina en instalar a súa macrocelulosa en Palas de Rei. Amparada pola Xunta de Galicia, que declarou o proxecto de Interese Estratéxico e esixindo ao Estado español que o financie con 250 millóns de diñeiro público.

O segundo premio, Premio Cabalo de Atila, levouno o Presidente da Cámara mineira oficial de Galicia polo seu continuo empeño en agochar as negatividades ambientais que a minaría causa e o seu acoso ás activistas ecoloxistas que defenden o territorio galego. O caso máis sonado foi a denuncia xudicial que a Cámara mineira presentou contra activistas de Ecoloxistas en Acción por entregar nas súas dependencias unhas botellas con vertido da mina de San Finx e de Touro. Unha acción coa que as ecoloxistas poñían de relevo, unha vez máis, as falsedades da Cámara mineira, que escasos días atrás aseguraba públicamente que o vertido dad mina de San Finx era inocuo cando as análises realizadas por Augas de Galicia reflictían unha concentración de Cadmio 100 veces superior ao máximo legal permitido.                      

Accésit especial ao Alcalde de Vigo. Dicir Abel Caballero é decir arboricidio. Desde 2011 foron talladas un total de 13.543 arbores en Vigo, das cales 1.005 árbores eran espécimenes históricos e de gran porte. Son incontables as rúas que se viron despoxadas de cobertura arbórea, perdendo Vigo boa parte do seu perfil urbano.  Está atacando a un patrimonio natural que é tamén patrimonio histórico. Non hai unha xestión integral do arboredo urbano de Vigo, non hai planificación e así imos sufrindo tallas arbitrarias e indiscriminadas e podas salvaxes e a destempo.

Esta política de tallas constante e reducción de espazos verdes do Concello hipoteca un futuro verde e sostible na cidade, impedindo que Vigo mitigue o efecto «Illa de calor», ante a erradicación masiva de sombra arbórea. Por este motivo e querer incorporar a motoserra ao escudo de Vigo, nominamos a Abel Caballero, alcalde de Vigo, ao premio Cabalo de Atila na categoría de actuación máis bárbara. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario