Intenso Día Mundial do Medio Ambiente con ADEGA

por Redacción Galicia

Mañá, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente, conmemorado pola ONU baixo o lema “As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración”, en alusión á restauración e protección dos ecosistemas. 

Como non podía ser doutro xeito, nese día, a asociación ecoloxista ADEGA desenvolverá unha intensa xornada de actividades de defensa do medio ambiente galego ao longo de todo o país e desde todas as súas facetas: divulgativa, formativa, colaborativa e reinvidicativa.

Desde ADEGA desexamos que todos os días sexan Días do Medio Ambiente, e animamos a cidadanía a colaborar nas organizacións ecoloxistas que defenden a terra. 

Programa de actividades para o 5 de xuño de 2024

Pontecesures, ás 9:00 horas: 
Obradoiro sobre residuos: ADEGA realizará un obradoiro para nenas e nenos dentro do Programa O lixo dende o teu concello. Será unha actividade na que o alumnado do CPI Pontecesures aprenderá a empregar a reducir o consumo e a contaminación da auga. Contacto: Itziar Díaz, 699217310.

Ourense, ás 9:30 horas: 
Saída formativa de Proxecto Ríos: Realizarase co alumnado do CIFP Portovello ao río Lonia. Esta actividade do Proxecto Ríos servirá para dar a coñecer e mellorar a calidade ambiental do Lonia. Contacto: Ramsés Pérez, 680903203.

A Estrada, ás 10:00 horas: 
Saída formativa de Proxecto Ríos: Co alumnado do CEIP O Foxo de A Estrada do terceiro ciclo de Primaria. Esta e a anterior actividade pretenden achegar a mocidade aos nosos ecosistemas fluviais e coñecer a súa calidade hidromorfolóxica. Contacto: Paco Bañobre, 627628194.

Mariñas – Betanzos, ás 10:00 horas: 
Encontro ADR Mariñas – Betanzos: ADEGA estará presente na Mesa de Asociacións e Colectivos Medioambientais e Mocidade da Asociación de Desenvolvemento Rural «Mariñas – Betanzos», encontro non que se procederá á elección da nova Xunta Directiva. Contacto: Xandro García, 660859493.

Santiago de Compostela, ás 12:00 horas: 
Coloquio sobre eólica no CES (Consello Económico e Social): ADEGA, a través da súa secretaria executiva, Belén Rodríguez, estará na mesa relativa a «Aspectos territoriais, ambientais e do desenvolvemento rural das enerxías renovables», na que intervirán ADEGA, VENTONOSO, SLG, UUAA. Neste coloquio, o moderador formulará preguntas aos membros da mesa para que expresen as súas posturas ao respecto de varias cuestión relativas ao desenvolvemento das enerxías renovábeis. Contacto: Belén Rodríguez, 698139913.

Lugo, ás 18:00 a 20:00 horas:
“Ti Podes Paralos” na rúa: ADEGA-Lugo instalará unha mesa informativa no centro de Lugo, Rúa Bispo Aguirre, para recadar fondos solidarios para poder recorrer nos tribunais a autorización do Polígono eólico Monte Contado que afecta aos Lagos de Teixeiro e ao Camiño Primitivo, entre os Concellos de Castroverde e Lugo. Contacto: ADEGA-Lugo, 982240299.

A Pobra do Brollón, ás 20:15 horas:
Charla sobre o proxecto GAMA de Greenfiber (Altri-Greenalia): A vogal de Augas de ADEGA, Ana F. Santamariña, impartirá unha charla sobre “Os impactos de ALTRI e as consecuencias ambientais da macrocelulosa” na Casa da Cultura “Olga Novo” do concello da Pobra do Brollón.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario