Alcaldes da Ribeira Sacra, o presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, e cargos do Partido mantiveron unha xuntanza de traballo, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.
- Os populares elixiron Sober por ser o único do Sur da provincia que conta coa Bandeira Verde, galardón creado polo Goberno galego en 2020 co fin de por en valor o traballo e a implicación dos Concellos co coidado da paisaxe e do patrimonio natural
- Destacan que o proxecto do Partido Popular inclúe crear un distintivo para premiar os contornos destacados para o turismo rural e de natureza, ademais do desenvolvemento de novas rutas en España da rede transeuropea de turismo en bicicleta, para converter o noso país nun destino preferente do turismo deportivo