Luis Menor: «Ourense está en débeda con aquelas 40 mulleres pioneiras que se matricularon hai 50 anos na Escola de Enfermaría da Deputación»

por Redacción Ourense

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no acto de conmemoración do 50º aniversario da primeira promoción da Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios (A.T.S), ubicadano primeiro pavillón do Hospital Provincial evinculada daquela no aspecto docente á Universidade de Santiago e no económico e administrativo á Deputación Provincial.

Luis Menor destacou que esta efeméride conta cunha importancia destacada na recente historia de Ourense, «pois estamos a falar dunha profesión, a da Enfermaría, íntimamente ligada coa provincia, con enormes méritos e un carácter pioneiro no último medio século», sinalou, ao tempo que reivindicou que «Ourense está en débeda con aquelas 40 mulleres que abriron ese camiño». 

O presidente provincial aproveitou tamén para agradecerlles ás integrantes da primeira promoción da Escola de Enfermaría o seu traballo: «Mulleres, en definitiva, que se formaron en Ourense para coidar de todos nós. Porque a iso adicaron as súas vidas profesionais: a coidarnos e curarnos». 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario