Besteiro e González Casares animan a votar «por unha Europa forte fronte a quen pretende destruíla» 

por Redacción Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, animou hoxe a votar “por unha Europa forte, fronte a quen pretende destruíla”. Así o dixo logo de exercer o dereito ao voto ás 09,30 da mañá no seu colexio electoral do CEIP Rosalía de Castro, de Lugo, onde animou a “desfrutar da votación das eleccións europeas” cando quedan “horas por diante” de xornada.

O responsable socialista sinalou que “votar por Europa é votar por nós”, sinalando a relevancia das institucións comunitarias, “moi presentes nas nosas vidas”, e salientou que “o que pasa en Europa nos afecta directamente”.

O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, depositou o seu voto en Lalín, onde salientou a importancia do voto para decidir  “o futuro da Europa que queremos” e para reforzar o “proxecto máis grande na historia de paz e de democracia”. Animou á cidadanía a achegarse aos colexios electorais e defender o proxecto de “prosperidade e liberdade” que representa Europa.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario