O Presidente da Deputación de Lugo participa na Ofrenda ao Santísimo Sacramento

por Redacción Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo na cidade de Lugo nos actos da tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que este ano realizou o Concello de Mondoñedo.

O mandatario provincial saíu en comitiva desde a Casa Consistorial de Lugo onde tivo lugar a recepción dos representantes institucionais das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. A continuación, a comitiva desprazouse á Catedral da capital lucense para celebrar a cerimonia relixiosa, onde os representantes cumpren co voto solemne feito en 1669 para apoiar economicamente a Catedral, iluminando o seu Altar Maior onde o Santísimo Sacramento está permanentemente exposto.

José Tomé destacou o valor histórico e relixioso desta ofrenda que se vén mantendo desde o ano 1925, e que representa a unión das cidades do Antigo Reino de Galicia. A Ofrenda ao Santísimo Sacramento celébrase en Lugo desde 1669, o domingo seguinte ao Corpus Christi, cando o Cabido Catedralicio pediu axuda ás cidades para manter a iluminación da Sagrada Forma no Altar Maior as 24 horas do día dos 365 días do ano.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario