A Rede Española de Cidades polo Clima recoñece a traxectoria do Concello da Coruña no desenvolvemento de políticas sostibles

por Redacción A Coruña

A concelleira de Medioambiente, Noemí Díaz, asistiu esta mañá á XVI Asemblea da Rede Española de Cidades polo Clima celebrada en Sevilla. En total, 368 administracións locais son membros da rede. No marco da Asemblea, a entidade outorgoulle ao Concello o premio ás Boas Prácticas Locais polo Clima recoñecendo a traxectoria da Coruña no desenvolvemento de políticas sostibles.

A concelleira recolleu o galardón e puxo en valor o modelo de cidade posto en marcha no pasado mandato, coa recuperación de espazos para o uso cidadá e a aposta pola mobilidade sostible, así como a creación de novas zonas verdes como o corredor de Novo Mesoiro ou o Bosque de Breogán. A Coruña forma parte da rede dende o ano 2005, sendo unha das cidades fundadoras da rede e unha das primeiras de España en sumarse á loita polo clima.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario