O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro co conselleiro delegado de MasOrange, Meinrad Spenger, no que ratificou o compromiso do Goberno galego coa mellora das telecomunicacións para potenciar dixitalmente a comunidade e avanzar en cohesión territorial.
O presidente da Xunta salientou a importancia da dixitalización en todos os fogares e empresas da comunidade. Deste xeito, na reunión tratouse tamén a necesidade de seguir traballando para mellorar a conectividade en todas ás zonas, sobre todo nas rurais.
Durante a xuntanza, na que o conselleiro delegado de MasOrange —que acudiu acompañado doutros directivos da compañía, coma o director de R, Alfredo Ramos— presentoulle o plan de investimentos da compañía, o presidente Rueda agradeceu á compañía o seu compromiso con Galicia e solicitou que se mantivese e reforzase tras os cambios corporativos que viviu.