Elena Candia lamenta a falta de concreción de Óscar Puente: “seguimos sen data para a chegada da Alta Velocidade”

por Redacción Lugo

A presidenta do PP lucense e voceira municipal, Elena Candia, agradece que se estean levando a cabo “as obras da intermodal, un exemplo da cooperación entre administracións” pero engade que “as declaracións do Ministro Puente déixannos preocupados”; xa que “non garanten máis frecuencias de trens e tampouco poñen data para a chegada da alta velocidade a Lugo”.

O Ministro de Transportes evitou en todo momento concretar prazos.

Os lucenses seguimos igual que antes da súa visita: temos un edificio en obras, pero sen trens” subliñando que “nin tan sequera clarificou para cando o estudio da conexión Santiago – Lugo por tren zanxando esta opción cun acabamos de contratar o estudo de viabilidade”.

PLANIFICACIÓN DA MOBILIDADE NA ZONA

Outra cuestión que non é menor, e así nolo trasladou á veciñanza, logo de coñecer con detalle o proxecto da Intermodal, é a necesidade de mellorar a mobilidade nesta zona “que precisa dun deseño e organización que facilite a fluidez no tráfico”.
Hai que ter en conta que o proxecto contempla a redución da superficie da vía pública polo que no futuro, coa posta en marcha desta infraestrutura e tendo en conta que haberá un maior movemento de vehículos, podería converterse nun punto negro da circulación.

Lugo, a peor cidade comunicada de España

Dada a falta de compromiso demostrada, a presidenta e voceira municipal popular dirixe ao Ministro de Transportes unha carta reivindicativa para que Lugo deixe de ser a cidade peor comunicada de España e a provincia marxinada polo Goberno socialista.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario