A pista de balommán instalada na praza da Revolta de Cedeira acolle durante esta fin se semana os partidos da Copa 5×5 Deputación da Coruña, que pretende levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.
O evento, que se celebra en Cedeira tras o seu paso pola cidade da Coruña e os concellos de Negreira, Sada, Zas e Oroso recalará nun total de sete concellos da provincia. O circuíto contará coa participación de máis de 1.600 deportistas e pretende achegar o deporte do balonmán a todos os públicos e favorecer a práctica desta disciplina deportiva.
No caso de Cedeira, participan un total de 20 equipos e máis dun centenar de nenos e nenas.
Na praza da Revolta está xa instalada unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.
A pista dispón de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas e nalgunhas sedes incluso un dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas son os protagonistas.
A deputada Rosa Ana García, participará o domingo 16 de xuño ás 13.30 horas, no acto de entrega de medallas e trofeos aos gañadores do evento de Oroso.
O circuíto rematará a vindeira semana en Ribeira.