Mañá luns 17 ás 20h. haberá unha introdución ao Shibari no centro social autoxestionado A Hedreira impartida por Yuekun (Instagram: @yuekun_shibari)
«Unha charla para o coñecemento desta arte. Falaremos da súa historia e evolución deste ata día de hoxe. Abordaremos temas de seguridade, coidados, materiais e as conexións que se crean tanto a nivel físico coma psicolóxico. Trataremos os consensos e veremos tamén a todo o que se pode implementar a corda, con seguridade para ter unha boa experiencia con ela».