A Deputación da Coruña impulsa con 650.000 euros a actividade das confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia

por Redacción A Coruña

As axudas incrementáronse un 30% con respecto ao ano pasado, pasando de 500.000 euros a 650.000 euros, co fin de apoiar actividades e festas de exaltación de produtos pesqueiros

A Deputación da Coruña concede 649.532,97  euros en axudas ás confrarías de pescadores e agrupacións pesqueiras da provincia para o fomento da súa actividade e a promoción dos seus produtos.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de «subvencións correspondentes ao programa FO027A: convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2024».

As axudas incrementáronse un 30% con respecto ao ano anterior, pasando de 500.000 euros a case 650.000 euros, co obxectivo de apoiar non só as actividades, funcionamento e contratación de servizos dos pósitos, senón tamén as festas de exaltación de produtos pesqueiros de proximidade, atendendo así unha das demandas do sector. Este ano, as axudas que recibirá cada confraría oscilan entre os 5.100 e os 25.000 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, aluguer de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixiancia.

A deputada provincial e presidenta da comisión de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, mantivo varias reunións coas confrarías da provincia nos últimos meses para recoller de primeira man as súas demandas e necesidades e plasmalas nestas axudas. De feito, a deputada lembrou «a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos». 

«Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico na nosa provincia», apuntou a Capelán, que destacou que «as axudas chegan á práctica totalidade dos pósitos da provincia e supoñen unha axuda fundamental para o seu funcionamento».

Listaxe de beneficiarios:

Solicitudes/ Beneficiario: Importe subvenciónCoef.Pto. Subvencionado que se ha xustificar
AGRUPACION DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLONS
10.132,74€0,383326.435,53€
COFRADIA DE PESCADORES DE BARQUERO BARES
6.080,00€0,80007.600,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS
25.000,00€0,800031.250,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE CAMELLE
23.636,00€0,800029.545,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE CARREIRA Y AGUIÑO
13.800,00€0,800017.250,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE CEDEIRA
20.000,00€0,800025.000,00€
 COFRADIA DE PESCADORES DE CORME
20.000,00€0,720027.777,78€
COFRADIA DE PESCADORES DE FERROL
19.000,00€0,800023.750,00€
 COFRADIA DE PESCADORES DE LA CORUÑA
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE
DA LONXA DE LAXE 2024
19.000,00€0,800023.750,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE LORBE
5.100,00€0,80006.375,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE MALPICA
25.000,00€0,800031.250,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE MIÑO
durante todo o ano 2024.
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS.20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA DE PESCADORES DE SADA
19.000,00€0,800023.750,00€
COFRADIA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA
19.000,00€0,800023.750,00€
COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME25.000,00€0,800031.250,00€
COFRADIA PESCADORES A POBRA DO CARAMIÑAL
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA PESCADORES DE CABO CRUZ
19.000,00€0,800023.750,00€
COFRADIA PESCADORES DE CORCUBION
25.000,00€0,800031.250,00€
COFRADIA PESCADORES DE ESPASANTE
17.961,23€0,800022.451,54€
COFRADIA PESCADORES DE LIRA
25.000,00€0,800031.250,00€
COFRADIA PESCADORES O PINDO
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA PESCADORES SAN ANDRES
19.000,00€0,800023.750,00€
COFRADIA PESCADORES SAN BARTOLOME DE NOIA
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA PESCADORES SAN PEDRO SANTA E.RIVEIRA
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS
25.000,00€0,800031.250,00€
COFRADIA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON
20.000,00€0,800025.000,00€
COFRADIA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL
20.000,00€0,800025.000,00€
POSITO DE PESCADORES DE RIANXO19.000,00€0,800023.750,00€
Total concedido Eixo 1:     599.709,97€ 
EIXO 2:
SolicitudesImporte subvenciónCoef.Pto. Subvencionado que se ha xustificarCOFRADIA DE PESCADORES DE CORME

15.000,00€0,800018.750,00€COFRADIA DE PESCADORES DE FERROL
PRODCUTO PESQUEIRO DA CONFRADIA DE FERROL15.000,00€0,800018.750,00€COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE


4.824,00€0,80006.030,00€COFRADIA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL

14.999,00€0,799918.750,00€Total concedido Eixo 2:       49.823,00€ 
Total concedido programa 649.532,97€

Consulta as entidades beneficiarias na ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/17/2024_0000004257.html

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario