Súmanse ás 339 novas contratacións da liña PEL PEMES aprobada en maio, polo que en total 489 persoas terán oportunidade de acceder a un emprego ou manter os eu posto de traballo grazas esta liña do Plan de Emprego Local (PEL)
A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a resolución de concesión das axudas da liña de PEL-PEMES Mantemento do cadro de persoal, que subvenciona con 1,3 millóns de euros as contratacións indefinidas- por segundo ano consecutivo- de 150 persoas traballadoras en pemes e microempresas con domicilio fiscal nun concello de menos de 20.000 habitantes da provincia.
Estas axudas súmanse ás 339 novas contratacións aprobadas o pasado mes de maio ao abeiro do programa PEL-PEMES 2024, polo que en total 489 persoas terán oportunidade de acceder a un emprego grazas esta liña do Plan de Emprego Local (PEL).
As axudas PEL-Pemes Mantemento incentivan o emprego estable e de calidade, subvencionando durante os 12 meses da anualidade 2024 o contrato das persoas traballadoras contratadas ao abeiro da convocatoria de PEL-Pemes Creación 2023 na modalidade de contrato indefinido ou que o transformaran a esta tipoloxía con anterioridade á presentación da solicitude.
Grazas á concesión destas axudas, un total de 150 profesionais autónomos e autónomas, microempresas e pemes de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán unha subvención de ata o 50% dos custos laborais do traballador ou traballadora contratado, incluíndo os custes de soldos e salarios, seguridade social e demais gastos sociais.
A contía máxima da subvención a conceder é do 50% dos custes estimados de contratación, cun límite de 11.000 euros polo mantemento durante 12 meses dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional) e de 10.000 euros polo mantemento durante 12 meses dun contrato indefinido a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.
Atendendo á distribución das axudas concedidas por concellos destacan as pemes de Vimianzo (10 subvencións concedidas por un importe de 91.666,10 €), Mazaricos (9 subvencións concedidas por un importe de 81.751,36 €) e Cee (7 subvencións concedidas por un importe de 65.700,00 €).
Por comarcas, destaca a de Santiago con 43 solicitudes concedidas, o que representa o 28 % das solicitudes concedidas totais e un importe de 379.556,0 € e a de Carballo con 34 solicitudes concedidas por un importe de 306.509,88 €.
En canto á xornada de traballo, o 77% dos beneficiarios solicitan a axuda para manter un contrato indefinido a xornada completa e o 23% para o mantemento dun indefinido a xornada parcial. E tendo en conta a pertenza a algún dos colectivos vulnerables pódese destacar que o 60% das solicitudes concedidas son para a contratación de colectivos vulnerables.
Atendendo á tipoloxía de empresa, a meirande parte dos beneficiarios son empresarios/as individuais ou autónomos/as, xa que supoñen máis da metade das solicitudes concedidas, concretamente o 64,67% do total.
Tamén resulta destacable que máis do 60% das empresas beneficiarias pertencen ao sector terciario (95 concesións), destacando as destinadas ao turismo e comercio. Seguido das empresas beneficiarias do sector primario que supoñen o 18% (28 concesións).
O PEL continúa a ser unha aposta transversal do Goberno da Deputación ao que se veñen destinando importantes recursos nos últimos anos. Grazas a este investimento sen precedentes na área de emprego, nos 7 anos transcorridos desde a creación do PEL, a Deputación axudou a crear 7.196 empregos nos sectores público e privado.
A listaxe completa das empresas que se beneficiarán este ano das axudas de PEL-PEMES MANTEMENTO pode consultarse no BOP.
ANEXO I: Concedidas por comarcas na liña de PEL-PEMES MANTEMENTO
Solicitudes concedidas por comarcas | |||||
Comarca | Concello | Número | % sobre total | Importe concedido | % concedido |
BARBANZA | BOIRO | 1 | 0,67 % | 11.000,00 € | 0,83 % |
CARNOTA | 2 | 1,33 % | 16.462,50 € | 1,25 % | |
MAZARICOS | 9 | 6,00 % | 81.751,36 € | 6,20 % | |
MUROS | 2 | 1,33 % | 14.860,00 € | 1,13 % | |
NOIA | 1 | 0,67 % | 11.000,00 € | 0,83 % | |
OUTES | 6 | 4,00 % | 44.293,00 € | 3,36 % | |
POBRA DO CARAMIÑAL, A | 1 | 0,67 % | 9.166,66 € | 0,70 % | |
PORTO DO SON | 1 | 0,67 % | 9.552,18 € | 0,72 % | |
RIANXO | 3 | 2,00 % | 28.500,00 € | 2,16 % | |
TOTAL BARBANZA COMARCA | 26 | 17,33 % | 226.585,70 € | 17,18 % | |
CARBALLO | CABANA DE BERGANTIÑOS | 1 | 0,67 % | 9.600,00 € | 0,73 % |
CEE | 7 | 4,67 % | 65.700,00 € | 4,98 % | |
CERCEDA | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
CORCUBIÓN | 2 | 1,33 % | 18.029,55 € | 1,37 % | |
DUMBRÍA | 5 | 3,33 % | 45.761,33 € | 3,47 % | |
FISTERRA | 1 | 0,67 % | 11.000,00 € | 0,83 % | |
LARACHA, A | 1 | 0,67 % | 11.000,00 € | 0,83 % | |
LAXE | 1 | 0,67 % | 11.000,00 € | 0,83 % | |
MUXÍA | 2 | 1,33 % | 6.252,90 € | 0,47 % | |
VIMIANZO | 10 | 6,67 % | 91.666,10 € | 6,95 % | |
ZAS | 3 | 2,00 % | 26.500,00 € | 2,01 % | |
TOTAL CARBALLO COMARCA | 34 | 22,67 % | 306.509,88 € | 23,24 % | |
CORUÑA | ABEGONDO | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % |
ARANGA | 1 | 0,67 % | 4.675,00 € | 0,35 % | |
CARRAL | 2 | 1,33 % | 12.750,00 € | 0,97 % | |
CURTIS | 6 | 4,00 % | 50.667,93 € | 3,84 % | |
MESÍA | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
MIÑO | 2 | 1,33 % | 20.000,00 € | 1,52 % | |
PADERNE | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
SADA | 4 | 2,67 % | 20.447,96 € | 1,55 % | |
SOBRADO | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
VILASANTAR | 1 | 0,67 % | 11.000,00 € | 0,83 % | |
TOTAL CORUÑA COMARCA | 20 | 13,33 % | 159.540,89 € | 12,10 % | |
FERROL | ARES | 2 | 1,33 % | 19.000,00 € | 1,44 % |
CABANAS | 2 | 1,33 % | 16.333,42 € | 1,24 % | |
CAPELA, A | 2 | 1,33 % | 20.091,69 € | 1,52 % | |
CERDIDO | 3 | 2,00 % | 30.571,87 € | 2,32 % | |
MOECHE | 1 | 0,67 % | 9.600,00 € | 0,73 % | |
ORTIGUEIRA | 4 | 2,67 % | 34.443,75 € | 2,61 % | |
PONTEDEUME | 5 | 3,33 % | 41.208,32 € | 3,13 % | |
PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS | 4 | 2,67 % | 36.097,79 € | 2,74 % | |
SAN SADURNIÑO | 1 | 0,67 % | 7.071,59 € | 0,54 % | |
SOMOZAS, AS | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
VILARMAIOR | 2 | 1,33 % | 22.000,00 € | 1,67 % | |
TOTAL FERROL COMARCA | 27 | 18,00 % | 246.418,43 € | 18,69 % | |
SANTIAGO | ARZÚA | 1 | 0,67 % | 10.938,00 € | 0,83 % |
BAÑA, A | 2 | 1,33 % | 20.000,00 € | 1,52 % | |
BOQUEIXÓN | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
FRADES | 2 | 1,33 % | 14.300,00 € | 1,08 % | |
MELIDE | 4 | 2,67 % | 40.360,91 € | 3,06 % | |
NEGREIRA | 1 | 0,67 % | 11.000,00 € | 0,83 % | |
ORDES | 3 | 2,00 % | 28.950,00 € | 2,20 % | |
OROSO | 3 | 2,00 % | 23.792,80 € | 1,80 % | |
PADRÓN | 1 | 0,67 % | 8.000,00 € | 0,61 % | |
PINO, O | 4 | 2,67 % | 21.522,50 € | 1,63 % | |
ROIS | 3 | 2,00 % | 27.789,47 € | 2,11 % | |
SANTA COMBA | 4 | 2,67 % | 33.864,75 € | 2,57 % | |
SANTISO | 1 | 0,67 % | 3.849,20 € | 0,29 % | |
TEO | 4 | 2,67 % | 38.476,04 € | 2,92 % | |
TOQUES | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
TORDOIA | 3 | 2,00 % | 32.144,28 € | 2,44 % | |
TOURO | 1 | 0,67 % | 10.000,00 € | 0,76 % | |
TRAZO | 3 | 2,00 % | 24.943,05 € | 1,89 % | |
VEDRA | 1 | 0,67 % | 9.625,00 € | 0,73 % | |
TOTAL SANTIAGO COMARCA | 43 | 28,67 % | 379.556,00 € | 28,78 % | |
TOTAL COMARCAS | 150 | 100,00 % | 1.318.512,94 € | 100,00 % |