Xuventudes Socialistas: “O verán xove veu para quedarse”

por Redacción Galicia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebraron este martes o regreso do “Verán Xove” do Goberno de Pedro Sánchez, xunto co bono cultural para a mocidade que cumpre a maioría de idade este ano.

A organización moza sinala que 272 mil mozos e mozas galegas de 17 a 29 anos poden descargarse xa o seu pase do verán xove e desfrutar dunha serie de descontos en tren e autobus:

  • Tren: Do 90% para os traxectos de media distancia; 50% para os traxectos AVANT, e ata 30 euros para os traxectos comerciais de Larga Distancia e Alta Velocidade (55 millóns de euros destinados).
  • Bus: 90% de desconto nas viaxes en liñas de prestación estatal (75millóns de euros destinados).

Dende a organización moza destacan o “compromiso do PSOE coa xuventude, á hora de fomentar un transporte público sostible e asequible, á par de brindarlle a oportunidade de viaxar por España e Europa, posto que tamén cubre o interrail”.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, describiu a medida como “unha ampliación da accesibilidade ao coñecemento, á historia, á cultura, para toda unha xeración. De levar unha maleta, sen emigrar, exportando o mellor do noso país, e traendo de volta os recordos e experiencias doutros lugares”. “Viaxar aumenta as competencias interculturais, as lingüísticas e ata incluso as humanas, como a da empatía”.

“En definitiva, é unha medida que veu para quedar, e que contrasta co modelo de lecer da Xunta, enfocado unicamente no Xacobeo e ofrecer descontos marxinais cun carné xove desubicado”.

Bono Cultural.

Por outra banda, Xurxo Doval tamén destacou a campaña do Bono Cultural Xove, que dotará de 400 euros a todos os mozos e mozas nados en 2006, e que poderán usalo en máis de 3000 establecementos, en distintas plataformas (libros, videoxogos, cine, teatro…)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario