PP Lugo: «Mentres Arroxo pon a rúa Quiroga Ballesteros de exemplo de peonalización a alcaldesa deriva a circulación por ela»

por Redacción Lugo
  • Ramón Cabarcos advirte que “os sobrecustes e os retrasos das obras os pagaremos os lucenses” indicando que “cando o tenente de alcaldesa dixo que ían aumentar os impostos xa sabía que non era para dárnos máis servizos á cidadanía senón para pagar os seus erros e a falta de planificación en proxectos como o da peonalización do casco histórico”
  • “As malas  decisións que adoptou o goberno local de Lugo cos proxectos de peonalización Corazón Verde” custannos disgustos e cartos aos lucenses xa que “en proxectos como o de Santo Domingo é previsible que se incrementen as contías económica consecuencia dos continuos parches que se están producindo froito dunha falta de planificación”
  • É surrealista que o goberno local  diga que modifica os planos desta praza de Santo Domingo buscando como excusa a resistencia do teito dos aparcadoiros (coches, camións… levaban 40 anos pasando por aquí). Está claro que utilizan este argumento para limitar o paso de vehículos, de máis de 3.500 quilos, en todo o recinto amurallado.
  • Ramón Cabarcos explica que outro aspecto que delata a chapuza destas obras ten que ver cos materiais que usan aclarando que “eliminaron e substituiron un groso firme de formigón por un estreito firme de granito que limita o futuro do tránsito rodado” afondando con que “a debilidade dos firmes executados constitúen unha grande dificultade para xestionar percorridos racionais e optimizados (e mesmo flexibles”
  • O concelleiro popular razoaba que “o goberno local di que fai as peonalizacións no centro para reducir o tráfico no casco histórico pero coa reforma que veñen de anunciar do proxecto de Santo Domingo ao final o que plantexan son: Itinerarios máis complexos  e reconvertir as rúas peatonais, como Quiroga Ballesteros, en zonas de paso de vehículos
  • O edil do PP ve contradicións entre os socios de goberno: mentres  Arroxo pón Quiroga Ballesteros como exemplo de peonalización a alcaldesa propón que os coches poidan circular por ela.
  • Por último o popular Ramón Carbarcos lembraba que “a habitabilidade e a economía deste barrio depende de que non se baleire de actividade e aos residentes e aos negocios que hai dentro de Murallas o goberno local non lle está a por as cousas doadas”.
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario