Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024.

por Redacción Galicia

O acto, conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña).

A cultura do esforzo xeneroso, descoñecido, das mulleres do mar levó no año 2020 á Asociación de Mulleres Salgadas a crear o Premio Muller Salgada, de carácter anual. Con el queremos render unha merecida homenaxe   ás mulleres do mar, anónimas, descoñecidas polo público en xeral, que desde o seu labor sacrificado, solidaria, positiva, contribuíron de maneira innegable ao desenvolvemento e progreso das profesións do mar, facendo avanzar as condicións laborais, económicas e sociais do sector pesqueiro.

Nesta edición, a asociación galega de mulleres do mar entregará o premio a catro mulleres traballadoras da confraría de Rianxo:

• Amelia Caamaño Otero. Bióloga

• Mónica Méndez Somoza. Secretaria

• Rocío Rodríguez Sabugueiro. Administrativa

• Ana Belén Fernández Dios. Administrativa

A elección das premiadas busca amosar o importante traballo que realizan as mulleres que traballan nas confrarías, visibilizar que moitos deses postos son ocupados por mulleres e resaltar a importancia do traballo en equipo e a asesoría técnica e científica.

Mulleres Salgadas quere facer un recoñecemento público a secretarias, biólogas, administrativas, lonjeras, etc. e poñer en valor a súa contribución ao resto da cadea. O sector pesqueiro, a xente do mar, necesítaas e son traballadoras esenciais nun momento difícil para moitas confrarías, que necesitan máis que nunca os servizos de apoio que elas brindan.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario