Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados pasadas as 05:30 horas desta madrugada dunha saída de vía con persoas atrapadas no interior dun vehículo á altura do punto quilométrico 82, ao paso da vía polo Concello de Teo.
A saída de vía foi ocasionada pola colisión dun turismo cun único ocupante contra a mediana de formigón anexa á vía. Á chegada dos bombeiros a persoa involucrada xa fora liberada do interior do turismo e estaba a ser atendida polos sanitarios desprazados ao lugar.
O operativo consistiu na desconexión da batería e na comprobación das medidas de seguridade na estrada. Nel participaron tamén a Garda Civil de Tráfico de Santiago e o 061.