Hoxe e sempre defenderemos os dereitos LGTBIQ+ porque son dereitos humanos. Hoxe e sempre para todes todo
Cinco motivos para participar nas marchas da túa cidade neste Orgullo 2024
1. As persoas seguen sufrindo agresións pola súa orientación sexual ou identidade de xénero, real ou atribuída
2. As marchas do Orgullo son unha oportunidade para cuestionar a lexislación homófoba e transfóbica. En moitos lugares aínda están a ser vulnerados os dereitos do colectivo.
3. Os dereitos nunca deben darse por supostos.
O avance da extrema dereita está a acabar cos dereitos conseguidos, retirando bandeiras, prohibindo as marchas LGTBIQ+ e un longo etc.
4. As marchas do Orgullo axudan a cambiar a mentalidade da xente. Dar visibilidade e poder compartir con todas a loita e reivindicacións do colectivo fai que a xente empatice e comprenda por que se loita.
5. As marchas do Orgullo empoderan á xente. Poder saír en espazos seguros un día para reivindicar todes xuntas fai que moitos que tiveron que vivir escondidos poidan liberarse e compartir a súa historia con liberdade