O primeiro ano deste mandato de Camiña Sarria “é o das subidas de taxas, as constantes irregularidades e o burato de 200.000 euros nos ingresos do matadoiro”

por Redacción Lugo

Os concelleiros populares fixeron balance lamentando que “este mandato de Garrido estea marcado pola falta de xestión que pretende que paguemos todos”.

A denuncia do servizo de intervención municipal ante o Tribunal de Contas, os contratos caducados e a sucesión de paus xudiciais con sentenzas que demostran que Claudio Garrido leva anos mentindo aos veciños de Sarria”, expoñen.

A fatídica xestión· municipal apréciase “na modificación ilegal do contrato da iluminación pública e a sucesión de despropósitos e situacións excepcionais como a perda da moción de confianza, a primeira en Concello de Sarria”, engaden

 Carmen José López considera “incomprensible” que “o alcalde pechase unilateralmente a comisión de investigación e que nin sequera tomase a iniciativa de acudir ao Xulgado para tentar pescudar que pasou co diñeiro público”

O goberno municipal non avanzou en asuntos clave para o municipio”, polo que “debería reflexionar se ten proxecto para o noso Concello ou se o obxectivo é aguantar no sillón sen importar o futuro de Sarria” 

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular fan balance do primeiro ano deste mandato do goberno local de Camiña Sarria: “o goberno das subidas de taxas, as constantes irregularidades e o burato de 200.000 euros nos ingresos do servizo do matadoiro municipal”. 

Os populares lamentan que “o primeiro ano deste mandato de Garrido estivese marcado polas irregularidades e unha falta de xestión que pretende que paguemos todos”. 

Concretamente, sosteñen que “a fatídica xestión de Garrido se puxo de manifesto en asuntos tan graves como as irregularidades no servizo do matadoiro, a denuncia do servizo de intervención municipal ante o Tribunal de Contas, os contratos caducados e a sucesión de paus xudiciais con sentenzas que demostran que Claudio Garrido leva anos mentindo aos veciños de Sarria”.

O Grupo Municipal Popular lembra que “Garrido iniciou xa este mandato coas irregularidades e a modificación ilegal do contrato da iluminación pública e que desde entón veuse producindo unha sucesión de despropósitos e situacións excepcionais como a perda da moción de confianza, a primeira en Concello de Sarria”.

SEN EXPLICACIÓNS SOBRE O BURATO DE 200.000 EUROS

Os concelleiros lamentan que “o goberno de Camiña Sarria nin sequera dese explicacións de asuntos tan graves coma o burato de 200.000 euros no servizo do matadoiro municipal e que non se asumiran responsabilidades políticas respecto diso”.

“É incomprensible e inasumible que pechase unilateralmente a comisión de investigación e que nin sequera tomasen a iniciativa de acudir ao Xulgadopara tentar pescudar que pasou co diñeiro público”, incide a portavoz, Carmen José López.

ANO PERDIDO E POUCO INTERESE POLO FUTURO DE SARRIA

A popular cre que “foi outro ano perdido para Sarria” porque “o goberno municipal non avanzou nos asuntos claves para o municipio”. De feito, “as únicas propostas de Garrido ao longo deste ano foron as das subidas de taxas e a solicitude de préstamos”.

Polo tanto, defende que “as dificultades deste último ano deberían levar ao goberno municipal a reflexionar sobre se verdadeiramente ten un proxecto para Sarria ou se o obxectivo, como parece, é unicamente aguantar o maior tempo posible no sillón sen importar os efectos das súas accións para o futuro do municipio”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario