Os concelleiros populares poñen como exemplo a situación do parque dos Condes onde, tralas últimas tormentas, todos os monfortinos «temos que sufrir» os cheiros e riscos para a saúde derivados de que o estanque se atope cheo de augas fecais.
Katy Varela denuncia que dende o equipo de goberno pensan que coa escusa das inclemencias meteorolóxicas «xa o teñen todo solucionado», pero o problema vén derivado do seu nulo investimento e gañas por solucionar os problemas no saneamento e abastecemento de auga potable
· Os populares insisten na necesidade de que o goberno local destine máis recursos, esforzo e traballo a solucionar os problemas coa auga e o saneamento en Monforte: «a auga é un ben escaso e moi preciado polo que a súa xestión debería de ser óptima para garantir este servizo no futuro»