Accidente de tráfico na AC-400 á altura do Concello de Santa Comba

por 21 Noticias

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba veñen de participar esta tarde nun operativo causado por unha saída de vía á altura do punto quilométrico 52 da estrada AC-400, durante o paso da vía polo Concello de Santa Comba.

A persoa ocupante do automóbil resultou ilesa e non precisou ser liberada do interior do vehículo

Foto.Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario