Queremos deixar claro desde 21noticias, que ni UGT Ensino ni ningún outro sindicato, va a facernos calar con fórmulas desnortadas, utilizadas en tempos pretéritos. Si o que dicimos non é certo, que vaian o xulgado, e onde se sustancia as verdades, e non facer amagos propios de adolescentes e non de un sindicato serio e rigoroso. Para que o responsable do sindicato UGT Ensino, da provincia de Lugo, cuestionado por moitos afiliados por ter certo cheiro a naftalina, non teña dubidas, reproducimos o que nos chegou por varias vías, afiliadas ó sindicato ou non, a convocatoria da xunta de persoal docente, publicada en 21noticias. Por publicar o que era de dominio publico en grupos de whatsapps, o responsable de UGT Ensino «amenazounos» cun «posible Inicio de accións legais, por vulnerar a lexislación vixente sobre protección de datos».
Recibimos esta carta na redacción de 21noticias, como moitas máis denuncias, pedido que mantiveramos o anonimato da persoa que a enviou.
Nestes días reflexionei e atrevínme a escribir esta carta. Esta situación xa lla trasladei ás persoas que entendía de educación, pero visto o visto, non quero que haxa represalias contra o meu colexio e especialmente os nenos que ao final son os perxudicados de todo isto, que é difícil de nomear. Eu levo case 25 anos nas aulas e o que estamos vendo, nunca o vira ninguén.
Vaia por diante que non teño nada en contra de ninguén a nivel persoal, nin teño ningunha finalidade política nin participo en nada diso. Nalgunhas eleccións votei ao BNG e nas últimas municipais en Lugo votei ao PP, máis ben por varias persoas.
Aclarado que non hai ningún interese político nin sindical, estamos vendo na actualidade unha falta absoluta de profesionalidade, cunha inspectora que fai o que quere, como quere e onde quere, sendo capaz de deixar en evidencia a calquera e onde ninguén lle para os pés. Non hai rigor de ningún tipo, onde o descontrol absoluto reina e onde todo o profesorado somos coñecedores dos seus tejemanejes apretando , menospreciando e vilipendiando a calquera profesor sen ningún control. Profesoras dalgún dos seus centros que van a xunto dela chorando , outras que son chamadas para «axustar contas». Non hai criterio de ningún tipo en ningunha cousa, pode ir a un centro e montar un incendio sen ningún rubor, critica clara e abertamente a academias de oposicións e hai o ruxe ruxe de que se empregan algunhas direccións para ir creando unha rede.
Antes ser director dun centro era algo que daba prestixio e que daba unha responsabilidade, pero agora parece que o que se busca son os que sexan manexados e tamén de paso que oculten cando vai ou non vai o inspector ao centro.
Malos modos, actitudes prepotentes, menosprecios, humillacións. Ata cando imos seguir así no ensino?
Cando se xubilou Carmen Areán, como inspector Xefe, unha boa profesional, tendo que manexar situacións difíciles e coas súas cousas como teremos todos, pero sempre pendente e intentando sacar os problemas adiante. Xa, nese intre moitos de nós, estábamos expectantes ao relevo e pensábamos que sería Miguel Callón, un profesional traballador e resolutivo, que seguramente ten traxectoria para selo, cunha única lacra iso si, a boa relación con esta inspectora innombrable. Ben, apareceu outra persoa no sitio de Carmen Areán, persoa que dende o inicio deu cancha a unha liberdade absoluta do equipo de inspección, todo isto en base aos seus postulados podemitas, coñecidos por todos e onde as fórmulas de traballo non existen, máis ben cada un fai o que quere.
Choca bastante e hai que facelo público, como un é nomeado para algo e traballa en contra da administración que o nomeou, sen ningún tipo de rubor. ¿Como ten que ser un inspector xefe? ¿Hai que ter algo máis ca pelotear ao superior de turno en Santiago , facéndose acredor dunha competencia que non é tal e dunha deixadez de funcións ,que non hai por onde collela. Realmente pode un durmir tranquilo?
A min caería a cara de vergoña. Quero dicir que neste circo, os sindicatos están facendo o traballo que poden pero deben comezar a ser algo máis contundentes, pois os abusos de poder, o menoscabo na honra, as difamacións, inxurias e calumnias están tipificadas no código penal como delitos. Hoxe, un expediente en Educación non ten ningún tipo de rigor, pois todos sabemos que non segue en xeral ningún criterio de profesionalidade, máis ben accións impropias do exercicio do cargo.
As últimas liñas son para a Xefatura Territorial, a que todos damos por feito que será relevada das súas funcións, senón agora nos próximos meses, cara ao outono. Teño que recoñecer que cando visitou o noso centro, no trato ben, pero non hai máis, máis aló do bo trato, hai que xestionar, tomar decisións que en moitos casos son difíciles. O guión di que neste caso, sendo coñecedora de todo, coma todos os docentes da provincia, no momento no que non asume as súas responsabilidades, pasa a ser a responsable directa.
Non son palabras bonitas non, non son palabras contra ninguén, pero hai moitas persoas que nos levantamos todas as mañás coa ilusión dos nosos alumnos, dos nosos compañeiros, das nosas comunidades educativas e sendo moi afortunados, non entendemos que se está minusvalorando e menosprezando a este nivel unha das mellores profesións. Póñanse a traballar, a facer e poñan nos cargos a persoas serias e profesionais, que sintan o que fan e os funcionarios que non cumpran as súas funcións coma esta inspectora, tomen as medidas correctas.