A concelleira de Servizos Sociais e Igualde, Belén Taboada, asinou esta mañá coas ANPAS do municipio de Oleiros un convenio que axilizará o cobro das subvencións para comedores escolares
As nais e pais interesados aínda poden solicitar —ata o 18 de xullo— esta axuda económica do Concello para o comedor dos seus fillos e fillas en idade escolar, que oscilan entre o 100%, o 60% ou o 40%, en función da situación económica familiar.
Grazas ao convenio asinado, as propias ANPAS fanse cargo das xestións para o abonamento destas subvencións que ten que solicitar cada unha das familias beneficiadas. O Concello de Oleiros reitera o seu agradecemento ao traballo destas asociacións de nais e pais pola súa dedicación para facilitar os trámites que conleva esta medida de apoio ás economías familiares e por todo canto fan polo benestar dos nenos e nenas de Oleiros.