A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe unha reunión entre a directora territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Sagrario Sánchez, xunto con técnicos de Inspección, e representantes da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo (Fapacel).
A xuntanza atendía a unha petición do colectivo para coñecer e tratar algúns aspectos organizativos do vindeiro curso, como os agrupamentos ou desdobramentos de aulas. A Consellería explicou os cambios que se producirán e as razóns nas que se basean e respondeu ás consultas que formularon.