Máis de 30 persoas percorreron este domingo a segunda etapa do Camiño Inglés que une os concellos de Neda e Pontedeume da man do Programa de Emprendemento UDC Explorer, liderado polo Servizo de Emprego da Universidade da Coruña, e do Programa Camiño ConCiencia, unha iniciativa de divulgación científica impulsada desde o Campus Industrial de Ferrol polos profesores Ana Ares, Armando Yáñez e Ginés Nicolás.
O Albergue de Peregrinos de Neda foi o punto de encontro dunha camiñada duns 13 quilómetros aproximadamente. Logo de recolleren as súas credenciais, as persoas participantes visitaron a Escola Laica e a Praia da Magdalena no Concello de Cabanas. A xornada tamén incluíu unha visita guiada polo casco histórico de Pontedeume