O Comité político-técnico do transporte metropolitano convida aos Concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín a unirse ao mesmo

por Redacción Ourense

O Comité político-técnico para desbloquear a situación do transporte metropolitano en Ourense activado pola Deputación convidou aos Concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín a incorporarse a dita organismo.

O presidente da Deputación, Luis Menor, lembrou que na primeira reunión desta comisión na que se abordou o ámbito territorial da mesma, acordouse invitar a estes dous municipios a formar parte pola súa proximidade aos polígonos industriais e xa se lles notificou formalmente nese momento.

Na primeira reunión desta comisión estiveron representadas as seguintes institucións: a Deputación de Ourense, os grupos políticos da Deputación (PP, PSOE, BNG e DO), a Xunta de Galicia, e os concellos de Amoeiro, Barbadás, Cenlle, Coles, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar Taboadela, A Peroxa, Punxín, San Cibrao das Viñas, Toén e Vilamarín.

Na reunión acordouse amosar o firme compromiso do Comité de sacar adiante solucións que permitan dotar á area metropolitana de Ourense dunha rede de transporte colectivo de viaxeiros, en autobús, que sexa rápido e atractivo para a veciñanza. Tamén acordaron que os concellos limítrofes co termo municipal de Ourense presenten antes do 1 de setembro de 2024 as súas propostas de extensión de liñas, cunha limitación xeral de tres quilómetros de extensión con respecto ás liñas actuais.

Así mesmo, a comisión adoptou que os concellos non limítrofes co termo municipal de Ourense presenten antes do 1 de setembro de 2024 as súas necesidades e propostas de carácter complementario ás anteriores, así como que se se realicen reunións de carácter eminentemente técnico entre o persoal técnico designado polas AAPP que teñen contratos en vigor ou próximos á súa licitación (Xunta de Galicia e Concello de Ourense) que poden resultar afectados polos acordos que se adopten, así como dos concellos implicados.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario