Atropelado un peón no casco urbano de Arzúa

por Óscar de Souto

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arzúa interviñeron nun accidente causado por un atropelo na N-547, á altura do casco urbano do Concello de Arzúa.

Na incidencia, acontecida na rúa de Santiago, víronse involucrados un turismo que atropelou a un peón, resultando ferido. Debido ao accidente a estrada tivo que ser cortada, sendo labor dos bombeiros a limpeza da vía.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario