A Xunta de Galicia colabora coas festas patronais de Oural, en Sarria, que se celebran na honra de San Xosé Obrero. Comezan este sábado coa verbena a partir das 23.00 horas, cunha charanga e discoteca móbil, e prolongaranse ata o día 22.
Os actos relixiosos celebraranse o domingo na igrexa de Oural e o luns na de San Xulián de Chorente. Ambos días haberá tamén verbena pola noite, no primeiro caso coas actuacións de Punto Clave e Costa Dorada e, para pechar os festexos, Mar de Arousa e Grupo Cañón.