Localizan con vida ao home de avanzada idade que desapareceu o venres en Rairiz de Veiga

por Óscar de Souto

Foi atopado nunha granxa situada no camiño de Azureiros a Filgueiras, en Rairiz de Veiga.

As 19:45 horas desde o GES de Muíños contactaron co 112 e sinalaron que o dono dunha granxa acababa de localizar ao desaparecido con vida nas súas instalacións, rodeadas por unha carballeira. O home atopábase desorientado e agachado nunha das esquinas dun galpón e precisaba asistencia sanitaria.

Convén lembrar que neste operativo, coordinado pola Garda Civil e no que tamén colaborou o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias, participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Muíños, os Bombeiros de Xinzo de Limia e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Rairiz de Veiga, A Bola, Allariz, Bande, Sandiás e Porqueira.

O 112 tivera constancia da desaparición do home pasados uns minutos das 21 horas do noite do venres, a través da chamada dun veciño que trataba de localizalo desde facía unha hora.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario