Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados pasadas as 11:00 horas desta mañá dun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada DP-1105 ao seu paso por Moimenta, no Concello de Boiro.
A incidencia, ocasionada polo envorcamento dun turismo, provocou que o operativo despregado estivese dirixido á asistencia á persoa ferida na mesma ata a chegada da ambulancia para o seu traslado ao hospital do Barbanza. Ademais, tamén foi preciso regular o tráfico na vía.
No operativo tamén participaron a Policía Local de Boiro, o 061 e a Garda Civil de Tráfico de Santiago.
Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña