Katy Varela explica que o corte no subministro produciuse na madrugada do mércores ao xoves e que «neste momento segue sen recuperarse o servizo», segundo explican os veciños afectados.
Katy Varela critica a «falta de transparencia» do alcalde que segue sen facilitar os datos sobre a auga potabilizada e facturada polo Concello durante o 2023: «o peor non é que non aporten os datos, o preocupante é que afirman non ter esa información»