Está especialmente dirixido aos inmigrantes e as súas necesidades para una integración fluída e efectiva en Europa
A profesora Pilar Couto Cantero, docente da Área de Didáctica da Lingua e a Literatura da UDC, lidera o proxecto titulado AWKE (A Welcome Kit to Europe), dentro do programa ERASMUS+ KA220-SCH – Cooperation Partnerships in School Education, cofinanciado pola Unión Europea e dotado con 250.000 euros, que terá unha duración de dous anos. Esta iniciativa da UDC foi escollida entre as 40 finalistas dun total de 257 solicitudes presentadas.
AWKE apoiará plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; esto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais. Así mesmo, inclúe o desenvolvemento das habilidades e competencias dixitais de toda a poboación a través de programas e iniciativas axeitados.
Esta iniciativa pretende contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Está formado, xunto coa UDC, por outras 10 institucións (colexios, asociacións e universidades) de 6 países diferentes: 2nd Gymnasium of Nafpaktos, en Grecia; Agrupamento de Escolas de Monserrate, en Portugal; Asociación de Empresarios Polígono Sabón – Arteixo, España; Eurasia Innovative Society Association, en Turquía; Fthia in Action, Grecia; IES Urbano Lugrís, da Coruña, España; Instituto Borsellino – Ajello, Italia; Liceo delle Scienze Humane Albertina Sanvitale, Italia; PICE. Profesores para la Innovación y la Calidad Educativa, A Coruña, España; e a University of Cyprus, Software Engineering and Internet Technologies Lab, de Chipre.
O obxectivo deste proxecto é ofrecer un “Kit de Benvida” a Europa para inmigrantes, que inclúa:
– materiais de aprendizaxe de linguas para os niveis A1, A2 e B1, segundo o MCRL e nas 6 lenguas de instrución dos socios: español, inglés, portugués, italiano, grego e turco
– un compendio de materiais de aprendizaxe de linguas para aprendices con necesidades educativas especiais
– un curso de desenvolvemento profesional para profesores en activo por medio de entornos virtuais
– un manual para aprendices, familias e profesorado con dificultades para usar ferramentas dixitais
– un curso para docentes e discentes para elaborar un plan de negocios
– unha serie de conferencias deseñadas en entornos reais e virtuais para conocer as institucións europeas
Segundo a profesora Pilar Couto, «todos os socios do consorcio están traballando duramente para elaborar los materiais didácticos e cumprir cos obxectivos plantexados. Hasta o momento xa mantiveron dúas xuntanzas transnacionais en Viana do Castelo (Portugal) e en Parma (Italia) de acordo col calendario establecido. Tamén está prevista unha terceira reunión en Grecia e a última en España, na nosa Universidade, para celebrar o evento multiplicador e o peche do proxecto»
Así, a estratexia, actividades e resultados deste proxecto contribuirán a solucionar o problema dos inmigrantes e estudantes con dificultades de aprendizaxe; e tamén ao profesorado con alumnado inmigrante nas súas clases, e en xeral a calquera alumno interesado en aprender idiomas.