En primeiro lugar, dende a Consellería de Educación non se está cumprindo coa normativa actual en vigor en canto a ratio de alumnos por aula do centro educativo.
A Administración debe garantir a todo alumnado galego unha educación de calidade.
O CEP Xosé María Brea Segade é un centro educativo que dende o 1984 leva formando os nenos da parroquia de Taragoña e Araño.
Nos primeiros anos, na etapa de educación infantil, a maioría de nenos e nenas fórmanse no Centro Rural Agrupado (CRA) de Rianxo. Nas escolas de Outeiro, Cruceiro, Cuvide e Capela. Unha vez iniciada a educación primaria, eses nenos e nenas trasládanse o do CEP Xosé María Brea Segade.
No rematado curso escolar de 2º de primaria, víñase detectado no centro unha situación de colapso educativo, dende o momento que eses nenos cursan 1º de primaria.
Había unha aula de 21 nenos e nenas dos cales un 40% deles necesitaban unha atención académica especializada para o seu desenvolvemento, tanto académico como persoal, que vai ter consecuencias directas na súa vida adulta. Esta situación leva manifestándoselle dende a Dirección do Centro á Consellería de Educación dende o ano 2021, e nunca se obtivo ningún tipo de axuda para poder solucionar este problema.
No vindeiro curso, esta aula que pasa a ser de 3º de primaria incrementase en 25 nenos e nenas seguindo a existir ese 40% con necesidades académicas. Ás necesidades que xa había sumánselle as que chegan do CRA. Polo que a ratio real de aula ten que considerarse de 26 alumnos, de acordo ca lexislación en vigor, esperando a que se incremente en 27 porque se está á espera de que se recoñeza unha nova discapacidade do 33%.
Dende a Consellería de Educación non se está cumprindo coa ratio, ó non levar a cabo o desdobre de esa aula de 3º.
Á súa vez, a atención e intervención específica e necesaria dos alumnos do centro en canto a Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe é mínima. Non podendo brindar un apoio especializado a todo o alumnado que o precise por carecer, no centro educativo de horas de profesoradoespecializado en esta área.
Polo que pedimos á Dirección Xeral de RRHH que ratifique a súa postura e prime o dereito de equidade e igualdade de oportunidades para o alumnado do CEP Xosé María Brea Segade.
Que se leve a cabo o desdobre da aula de 3º, cumprindo coa normativa actual de ratio por aula. Que se asigne profesorado necesario para garantir o correcto funcionamento do centro educativo.
E dese xeito todos os alumnos teñan os recursos suficientes para alcanzar a súa completa formación SEN PRECARIEDADE.