A Policía Local da Coruña colaborou na detención de dúas persoas por maltrato

por 21 Noticias

A Policía Local da Coruña colaborou o pasado xoves 1 de agosto na detención de dúas persoas por presuntos casos de violencia. Ambos casos corresponden a persoas de nacionalidade española e veciñas da Coruña e a actuación foi realizada logo da denuncia das presuntas vítimas.

Un home de 27 anos, na zona do Ventorrillo, ante indicios de violencia de xénero contra a súa parella

A primeira hora da mañá, en torno ás 7.30 horas, o 092 recibiu unha chamada dunha muller do Ventorrillo denunciando unha agresión por parte da súa parella. A unidade especial en violencia de xénero da Policía Local desplazouse ao domicilio para atender á denunciante, resultando detido un home de 27 anos ante “indicios claro de violencia de xénero” tal e como figura no informe policial. A muller, previa valoración do 061, foi trasladada ao CHUAC para a súa atención sanitaria.

Unha muller de 47 anos, na zona de Eirís, por presunto delito de maltrato físico no ámbito familiar

Xa pola tarde, en torno ás 17.00 horas, a Policía Local recibeu a denuncia ante un presunto delito de ‘malos tratos físicos no ámbito familiar’. A vítima, de 83 anos de idade e veciña de Eirís, puxo en coñecemento das autoridades que a súa filla, con quen xa mantiña unha orde de afastamento, a perseguira e agredira posteriormente na vía pública. Pola súa banda, a denunciada, muller de 47 anos de idade, recoñeceu os feitos sendo detida e trasladada a dependencias policiais para ser disposta á autoridade xudicial.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario