As 15:00 horas de hoxe luns 5 de Agosto, nunha zona de difícil acceso, as dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro e os de Ribeira, volven rescatar neste segundo suceso consecutivo na mesma zona, xunto co helicóptero Pesca 1, Garda Civil, 061 de Ribeira e membros de Protección Civil de Pobra do Caramiñal.
O varón precipitouse contra as rochas na cascada do río San Juan no Concello da Pobra, no lugar de «A Misela». O ferido estaba consciente a pesar do golpe recibido.
O helicóptero evacuou a persoa ferida ó hospital de referencia.