O PP acusa ao PSOE e ao BNG de Lugo de “incrementar as privatizacións de servizos municipais utilizando  fondos previstos para pagar salarios dos funcionarios”

por Redacción Lugo

Tras trascender que a alcaldesa ven de asinar un decreto dunha modificación orzamentaria de máis de 22.000 €, restando diñeiro do capítulo 1 dos orzamentos de gastos de persoal, para pagar a vixilancia de edificios municipais

A edil do PP Mar Carballas afirma que “este tipo de decisións delatan as contradicións entre o discurso dos nacionalistas e socialistas e as súas accións no Concello de Lugo” recriminando que “condenen as privatizacións cando logo as apoian e utilizan modificacións de crédito para perpetualas”.

Para os populares esta decisión “é dobremente grave: primeiro, porque están sacando diñeiro para privatizar da partida de persoal cando hai reservas nos orzamentos para contratar outras empresas e, segundo, porque desatenden as recomendacións do propio decreto que especifica que o contrato de vixilancia das instalacións municipais ten un carácter fundamental, por tanto estaría máis que xustificado ter persoal cualificado propio para levar a cabo estas función.

No que levamos de mandato este gobernol local fixo 33 modificacions orzamentarias por un importe de 1.450.098,80€ o que pon en tea de xuizo a mala planificación e a improvisación do gasto dos recursos municipais.

A popular Mar Carballas lembra o malestar creciente que hai no persoal municipal e critica ao goberno local que esté priorizando as privatizacións e non atende as débedas que ten cos seus traballadores o que repercutirá na atención final á cidadanía xa que hai falta de motivación e servizos saturados e sen persoal suficiente.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario