Presentada a Queima das Fachas de Castelo, que se celebra este xoves en Taboada

por Redacción Lugo

A Xunta apoia a tradicional Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, que se celebra este xoves, 7 de setembro. A Administración autonómica achega 3.000 euros para colaborar cos gastos de promoción e difusión desta cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

A xefa de área de Turismo, Paloma Vázquez, participou hoxe na presentación da festa,  na que perdura a tradición das fachas, que se dispoñen de xeito circular sobre o castro de Castelo e unha vez prendidas, divísanse desde toda a contorna.

Esta actividade serve como punto de partida ás celebracións patronais da parroquia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario