Os servizos de emerxencia nada puideron facer pola súa vida
O aviso foi ás 18:00 horas, despois de que un particular solicitase asistencia sanitaria urxente para un home que non respiraba. O suceso ocorreu nun río no lugar Veiga Seixo, na parroquia de Castrelo de Cima en Riós (Ourense). O 112 solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, aínda que por desgracia, nada se puido facer pola vida da persoa.
Tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de A Gudiña e dos efectivos de Protección Civil.