Luis Menor, na visita á base aérea de Verín-Oímbra, ratifica a colaboración coa Xunta “para converter a Ourense nun territorio máis seguro”

por Redacción Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, que acompañou ao presidente da Xunta na visita ao aeródromo transfronteirizo, agradeceu a Alfonso Rueda o seu compromiso con Ourense que “hoxe se materializa coa maior obra en materia de incendios realizada en moitos anos”.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañou esta mañá ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na visita á Base Aérea transfronteiriza de loita contra o lume ubicada nos concellos de Verín e Oímbra.

Trala visita a esta nova infraestrutura, Luis Menor comprometeuse a seguir traballando e cooperando coa Xunta “para converter a Ourense nun territorio máis seguro”. Agradeceu así ao presidente da Xunta o seu compromiso con Ourense que “hoxe se materializa coa maior obra en materia de incendios realizada en moitos anos”.

Luis Menor lembrou que a Deputación de Ourense foi a primeira administración provincial galega en colaborar coa Consellería de Medio Rural en materia de prevención de incendios forestais.

Este convenio coa Consellería de Medio Rural en materia de prevención de incendios forestais, a través do cal a Deputación destina 3 millóns de euros para as anualidades 2024, 2025 e 2026, inclúe a realización de actuacións conxuntas para o mantemento e a conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agrofororestal no territorio provincial. 

No convenio deste ano, ademais destes traballos e da adquisición de ata 12 tractores rozadoiras, inclúese como novidade poñer en marcha catro programas piloto para dotar de 16 brigadas de prevención e extinción de incendios por seis meses a outras tantas mancomunidades municipais da provincia, así como ofrecer formación especializada ao persoal municipal e das mancomunidades a través do Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario