Os concelleiros populares cren que «debería dar exemplo» e realizar labores de desbroce, limpeza e mantemento do mobiliario urbano e dos espazos públicos do casco urbano e das parroquias.
- O Grupo Popular critica que «en pleno verán as áreas recreativas, zonas verdes e a maioría das estradas municipais -que o ano pasado quedou sen rozar- continúen sen desbrozar e que as marquesinas ou outros espazos públicos «estean sen acondicionar»Marquesina en Quintela, parroquia de Trasliste.
- A portavoz, Olga Capón, sinala que «é posible facer unha mellor xestión dos desbroces, como fan noutros concellos, ofrecendo un bo servizo aos veciños e unha boa imaxe das nosas parroquiasCampo da feira, na Puebla
- A popular condena que «o alcalde e o seu goberno anuncien multas aos veciños que depositen voluminosos na rúa» cando «levan anos sen ofrecer ningún tipo de información nin favorecer a separación e a reciclaxe de residuos»
Foto portada. Área reacreativa na Puebla