San Román Veteranos e Canteras El Pozo xogarán a final do 37º torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol

por Redacción Deportes

Disputarase o sábado 24 de agosto ás 19:00 horas no Campo Municipal da Laracha.

A final da 37ª edición do campionato de peñas de fútbol “Concello da Laracha” enfrontará a San Román Veteranos e a Canteras El Pozo de Soandres.

O encontro sufrirá unha modificación con respecto á data inicialmente prevista. Disputarase o sábado 24 de agosto ás 19:00 h no Campo Municipal da Laracha.

San Román chegou á final despois de vencer na rolda previa a Soandres Veteranos por 3-1 e nas semifinais a Paiosaco S.D. por 3-2. Pola súa parte, Canteras El Pozo quedouexento da rolda previa e impúxose nas semifinais a Sporting Laracha por un contundente 4-0.

CADRO DO 37º CAMPIONATO DE PEÑAS “CONCELLO DA LARACHA”

ROLDA PREVIARES
PAIOSACO S.D. – SAN RAMÓN VETERANOSSAN ROMÁN VETERANOS – SOANDRES VETERANOS2 – 03 – 1
SEMIFINAISRES
SAN ROMÁN VETERANOS – PAIOSACO S.D. SPORTING LARACHA – CANTERAS EL POZO3 – 20 – 4
                                       FINALHORA
 SAN ROMÁN VETERANOS – CANTERAS EL POZO    Sábado 24 agosto, 19:00 hMunicipal da Laracha
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario