Este próximo domingo 18 se agosto vaise celebrar a 34 edición da regata Festa da empanada de Allariz, sendo esta a 5º regata provincial da presente tempada puntuable para a copa Deputación 2024.
A mesma presenta unha inscrición de 110 deportistas 69 homes e 41 mulleres pertencentes a os clubs da provincia Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Piragüismo Ourense, Fluvial O Barco, SCX Fontefria (Muiños), Náutico Castrelo de Miño e Fluvial Allariz, todos eles menores de 16 anos que competiran nas seguintes categorías e distancias:
Prebenxamin, benxamín e alevín: 1000 metros.
Infantís: 2000 metros.
Cadetes: 4000 metros.
Cun circuíto polo río Arnoia, que vai dende o edificio A Fábrica hasta a ponte románica onde os mais cativos darán unha volta os infantís dúas e os cadetes catro voltas.
A regata comezará as 11:00 tendo previsto a entrega de trofeos sobre as 14:00 horas.