Antonio Ameijide explica que «como non pode ser doutra forma estamos a favor do investimento anunciado hoxe xa que levamos anos pedíndoo» pero insiste na necesidade de que os primeiros pasos a dar «deben ser garantir cousas básicas como solucionar os problemas da cuberta e as goteiras para evitar que chova dentro do Pazo».
Antonio Ameijide tamén explica que a construción dun pavillón máis grande e moderno na cidade «é un tema interesante e que hai que estudar con detemento» e sobre todo con seriedade e respecto aos lucenses xa que a realidade é que PSOE e BNG no Concello de Lugo prometeron en marzo de 2021 unha nova instalación deportiva, moi necesaria para a cidade, e a día de hoxe non hai proxecto, nin un só papel sobre o lugar e a data de construción, a pesar de que xa teñen o compromiso da Xunta dende hai anos para colaborar
· Ameijide recorda que dende o PP levamos anos reuníndonos con afectados pola situación da falta total de mantemento do Pazo, clubs, xogadores e afeccionados e levamos anos pedindo á Deputación que reaccione e manteña e invista nas súas propiedades.: «parece que reaccionan, pero teñen que buscar solucións para a cuberta, a climatización, o parqué que lle queda pouca vida de uso, o son… quedan moitos deberes tras moitos anos de abandono»