O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e o viceportavoz Demetrio Salgueiro, visitaron xunto á alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, as instalacións do museo público do mar máis antigo de Galicia, único con estas características na provincia e que «pon de relevo a importancia do mundo do mar para a comarca da Mariña».
O popular cre que «o goberno de PSOE e BNG non fai ningún esforzo por promocionar a súa actividade e poñer en valor a súa singularidade: se non se difunde, non se coñece»
· «Cónstanos que, coma en todo bo museo, neste tamén quedan moitas pezas aínda nos almacéns sen expoñer e os lucenses e visitantes queremos e merecemos gozar delas» e por iso «é preciso que a Deputación busque máis recursos para poñer en valor todas estas pezas que están almacenadas e sen ser desfrutadas polos lucenses», di
· «O Museo Provincial do Mar merece maior investimento por parte do goberno da Deputación de Lugo» xa que «na actualidade recibe só un 0,17% do total do orzamento do ente provincial», subliña o popular