O grupo provincial do BNG reivindicou máis orzamento para políticas de Memoria Histórica “reais” por parte da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galiza

por 21 Noticias

O BNG pide aiImplicación dos colectivos memorialistas nas actividades de ambas institución, a oficialización do Día de Galiza Mártir e a declaración de San Simón como illa da memoria. Así o reclamou a deputada provincial María Ortega, ex responsable do departamento de Memoria Histórica na Deputación durante o anterior mandato, sumándose ás peticións realizadas hoxe pola Fundación Alexandre Bóveda, a Fundación Castelao, e o galardoado co Premio Galiza Mártir deste ano -Manuel Pazos- no acto de homenaxe a Alexandre Bóveda celebrado esta na Caeira.

A deputada nacionalista instou tanto á Deputación de Pontevedra como á Xunta de Galicia a que impliquen partidas orzamentarias para facer políticas de Memoria “ante o desleixo actual” e a que falen coas asociacións de memoria do país “que teñen que ser as verdadeiras protagonistas e condutoras das políticas de memoria que temos que levar dende as institucións”.

Ortega cualificou de “vergoña” e de “fóra de lugar” os discursos oficiais realizados no acto por parte dos representantes do Partido Popular no Concello de Poio e na Xunta de Galicia, da man do alcalde de Poio e o conselleiro de Cultura,  que reivindicaron o seu traballo para ensalzar a Bóveda como patrimonio global, solicitando consenso e non confrontación, ao tempo que aseguraron “non querer ter protagonismos”.

A nacionalista subliñou que as palabras do PP “chocan coa realidade” posto que durante o último ano Partido Popular eliminou totalmente o traballo feito polo departamento de Memoria Histórica no anterior mandato na Deputación e reduciu en máis dun 65% o orzamento da partida do departamento provincial. “Non deben escoitar o que din. Quizais era mellor que estiveran calados”, salientou, ao tempo que insistiu en que “de querer traballar pola Memoria Histórica e non ser protagonistas non só aparecerían cando hai que facer a foto, en días coma hoxe, senón que organizarían actividades e estarían de lado dos moitos colectivos memorialistas aos que nin sequera reciben. Non puideron facer balance de nada e houbo cero compromisos coa memoria. Os seus discursos estiveron baleiros”.

Ortega destacou, así mesmo, que é preciso institucionalizar e oficializar o 17 de agosto como Día de Galiza Mártir e identificar a illa de San Simón como espazo de memoria, reclamacións que o BNG leva reiterando nos últimos anos, ao igual que hoxe reclamaron a Fundación Bóveda, a Fundación Castelao e a propia filla de Bóveda no acto da Caeira.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario