Unha cita que ano a ano reúne a decenas de tocadoras e tocadores para facer soar os seus instrumentos
A xornada comezará ás 10:30 horas co obradoiro de bailes tradicionais da serra e, ao remate, levarase a cabo un taller de iniciación aos toques da pandeireta. Será a partir das 13:00 horas cando se leve a cabo a acollida e o xantar homenaxe. Xa pola tarde, ás 16,30 horas, haberá tocadoras de pandeireta, música e baile da zona e actuacións de distintas agrupacións e escolas. O encontro despídese coa cea e Polavila.
O programa complétase o venres 23 de agosto cun obradoiro de pandeireta de balde impartido polo músico, tocador e mestre Luís Prego.