O Executivo de Paula Alvarellos realizou a petición, logo de dispoñer xa da correspondente autorización da Confederación Hidrográfica para colocar as estruturas.
O Concello completaba a documentación necesaria para facer efectivo o permiso sinalando finalmente, na solicitude, un único punto de entrada ao Miño.
Trátase do ubicado augas abaixo, no que se contabilizou a existencia de tan só 96 exemplares, o que minoraría os labores e a súa duración.
O Concello descartou o emprazamento augas arriba, o segundo con menor presenza de náiades, debido ao importante desnivel que presenta a ribeira e que obrigaría a facer un desmonte considerable do terreo.
A alcaldesa, Paula Alvarellos, confía en que a Xunta resposte a esta solicitude con igual celeridade á que amosou a semana pasada, permitindo iniciar canto antes as tarefas.